Sunday 19 de May de 2024

O Concello de Oleiros organiza a Festa da Lingua nas Torres de Santa Cruz


O sábado 11 de maio terá lugar a Festa da Lingua organizada polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Oleiros nas Torres de Santa Cruz cun feixe de actividades para familias.

 

 

O teatro e parque das Torres acollerá o próximo sábado 11 de maio unha xornada de teatro, xogos e concertos para todas as familias do Apego coa fin de celebrar a nosa lingua.

 

Ás 12.30 h comezará a xornada co concerto Rockeando coas que máis molan de Pakolas. Un concerto coa recompilación das cancións que máis molan dos seus discos: Pakolas, Ramona Órbita e A Ramona pequena vai á lúa. A rapazada poderá bailar cancións como Baldomero, o Mero ou Manolo Cavernario.

 

Ás 16.30 h terán lugar os Xogos do Poporrubio, un compendio de xogos autónomos e animados de temática agraria, que nos dá a coñecer un dos paxaros máis pequenos, rebuldeiros e cantaruxeiros da nosa fauna. Esta actividade está recomendada para maiores de 2 anos.

 

Para as familias con nenos e nenas de 0 a 3 anos no teatro das Torres haberá un contacontos: Carapuchiña vermella e os cinco lobiños, de Ángeles Goas. Un espectáculo de narración oral e música, onde a grande protagonista é unha Carapuchiña Vermella que vive unha aventura un pouco diferente. No seu camiño, a falta dun lobo, hai 5 lobiños que son tan pequerrechiños que caben na súa cesta. A súa duración é de 30 minutos.

 

Ás 18.30 h, para rematar a festa; concerto de Paco Nogueiras que presenta o seu novo disco Son Animal. Un novo espectáculo  dedicado aos animais máis próximos e aos seus sons convertidos en divertidas cancións

 

A totalidade das actividades están dirixidas a familias con crianzas entre 0 e 6 anos.

 

As inscricións faranse a través do formulario habilitado na web municipal a partir das 10:00h do día 6 de maio, con preferencia, os dous primeiros días, para todas as familias inscritas no programa Apego en Oleiros: https://www.oleiros.org/es/actividades-infantiles/-/asset_publisher/aiWOuwpiK6gz/content/id/1150163

Deja un comentario